El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A POBRA

Piñeiro: "Baixamos o consumo eléctrico en 40.000 € anuais"

O alcalde da Pobra critica as "astronómicas débedas a proveedores" de anteriores gobernos do PP// Rescindiu varios contratos para firmar outros máis ventaxosos

O alcalde de A Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, de Nós Pobra. - FOTO: ECG
O alcalde de A Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, de Nós Pobra. - FOTO: ECG

SUSO SOUTO   | 17.04.2018 
A- A+

O alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro (que goberna en minoría á fronte da formación Nós Pobra) sinala que a débeda bancaria cando el accedeu á alcaldía era de 3.200.000 euros de capital vivo, "cifra á que habería que engadir os xuros que se pagan cada ano". Engade que "en 2016 pagamos 63.000 euros" e que o total desa débeda "procedía de diversos créditos solicitados entre os anos 2001 e 2015, todos durante o período de catro mandatos consecutivos do PP. O maior deles era o do Plan de Pago a Provedores (2012), de máis de millón e medio de euros, ao que foi necesario acollerse para facer fronte ás astronómicas débedas que o Concello mantiña daquela con empresas provedoras". Con respecto ás medidas aplicadas polo seu goberno para reducir a débeda, Piñeiro sinala que "a principal foi unha política de contención de gasto, procurando manter os mesmos servizos, ou incluso incrementándoos en moitos casos. Isto significou que os grandes investimentos nos primeiros anos do noso goberno limitáronse aos que permitían os plans provinciais, financiados pola Deputación da Coruña. Racionalizamos o gasto e traballamos para reducir custes, rescindindo contratos con algunhas empresas e procurando outros máis vantaxosos. Nalgúns casos o aforro foi duns poucos miles de euros e, noutros, bastante significativo".

Neste sentido destaca a xestión enerxética, cunha redución de máis de 40.000 euros anuais polo consumo de electricidade. "Conseguimos un importante aforro en moitas licitacións de obras, considerablemente superior ao que era habitual neste Concello. Tamén baixaron de maneira importante os gastos protocolarios", indica o alcalde.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt