El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Noia métese de cheo na primavera coa colocación de flores

O Concello adorna as principais rúas e prazas // Como novidade instala macetas colgantes

Mariola López ante unha das macetas colgantes - FOTO: C.N.
Mariola López ante unha das macetas colgantes - FOTO: C.N.

RUBÉN G. BRIONES. NOIA   | 17.05.2018 
A- A+

O Concello de Noia está a acometer as tradicionais actuacións de ornamentación floral previstas para a tempada de primavera e verán. Unha iniciativa que

este ano "ten como novidade a colocación de xardineiras con flores colgantes nas farolas e que xa poden verse en distintos puntos da vila coma nos malecóns ou nas rúas de Galicia ou Ferrador", explica a con- celleira de Parques e Xardíns, Mariola López Cierto.

Unhas actuacións que complementan á tradicional plantación de flores de tempada nos xardíns Felipe de Castro e a colocación de xardineiras no casco antigo e en diferentes puntos emblemáticos do municipio como Santa María a Nova, Coliseo Noela, O Tapal... 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt