El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Noia acolle este martes un Pleno Extraordinario para reprobar ó alcalde

A convocatoria chega logo da intervención de Santiago Freire nun acto o pasado 8 de marzo, no que empregou chistes machistas

Santiago Freire - FOTO: M.G.
Santiago Freire - FOTO: M.G.

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 20.03.2017 
A- A+

Este martes, 21 de marzo, terá lugar no Concello de Noia o Pleno Extraordinario convocado para a reprobación da intervención do alcalde, Santiago Freire, nun acto celebrado o pasado 8 de marzo co gallo do Día Internacional da Muller. A cita será ás 09.00 horas.

A oposición esixe a reprobación dos chistes machistas do rexedor naquela intervención, ao considerar que un representante público non debe alimentar unha lacra como é o machismo.