El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Os monicreques chegan a Arzúa para animar as feiras quincenais do 8 e 22

A mostra dinamizada con marionetas tradicionais estará este mes no recinto

M.T.  | 20.03.2017 
A- A+

Arzúa. O plan de promoción e dinamización do Concello de Arzúa para as feiras achegará neste mes de marzo o mundo dos monicreques a todos os seus asistentes. A través deste programa o goberno local pretende chamar a atención dos visitantes e animar o ambiente no desenvolvemento destas feiras, que se celebran sempre nos días oito e vinte e dous.
Deste xeito, o vindeiro mércores, 22 de marzo, o espazo interior do multiusos Terra do Queixo contará, dende as dez da mañá e ata a unha do mediodía, cunha exposición dinamizada de marionetas tradicionais. “Con esta mostra amosarase de preto a tradición, onde se poderán ver técnicas titiriteiras empregadas nas representacións ambulantes; pezas históricas destas representacións e formas para-teatrais relacionadas coa cultura dos títeres. Algunhas das cales están desaparecidas case por completo”, e engadiron fontes municipais que Barriga Verde ocupará un espazo destacado, xa que coa súa barraca percorreu as feiras e romarías ata mediados do século XX. Anxo García fará demostracións do funcionamento das marionetas expostas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt