El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Matrícula para as escolas amesás de artes plásticas, teatro e baile ata o día 22

M. MANTEIGA  | 13.09.2017 
A- A+

Ames. O prazo de inscrición nas tres escolas culturais de Ames –teatro, artes plásticas e baile– para este curso 2017-2018 comezará a vindeira semana, permanecendo a matrícula aberta entre o día 18 e ata o 22 do presente mes.

Este proceso de anotación pódese realizar de xeito presencial ou de forma telemática. As prazas adxudicaranse por sorteo público – e non por orde de chegada– que se celebrará o luns 25 de setembro, a mediodía na casa da cultura do Milladoiro. As clases comezarán durante semana do luns, 2 de outubro, e rematarán o 31 de maio de 2018. As persoas interesadas poderán solicitar máis información chamando ao teléfono 981 535 940 ou enviando un email a cultura@concellodeames.gal.

Deste xeito, a Concellaría de Educación e Cultura ofrece clases para nenos e para persoas maiores de 16 anos, nas dúas casas da cultura e cun prezo das actividades de 50 euros por curso para persoas maiores de 18 anos e de 40 para os menores desa idade. Haberá rebaixas se se anota toda a familia.