El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Malpica acolle este mes un obradoiro de cinema para as mulleres adultas

Desenvolverase do 18 ao 22 e será dirixido polas creadoras do proxecto 'A nena azul'

J. M. R.   | 14.06.2018 
A- A+

As creadoras do proxecto A Nena Azul: Mulleres que contan. Narrativas femininas do eu a través da cámara estarán en Malpica do 18 ao 22 deste mes para impartir un obradoiro de cinema dirixido a mulleres adultas de toda a bisbarra.

A iniciativa, coa que colabora a Concellería de Servizos Sociais, pretende que as participantes aprendan a contar as súas propias historias a través do cinema, utilizando ferramentas tan accesibles como unha tablet ou un teléfono móbil.

Ao longo de cinco sesións, que se celebrarán de 16.00 a 20.00 horas, as alumnas coñecerán cada un dos procesos de creación dunha película, e, dun xeito práctico, aprenderán a darlle forma ás súas propias ideas, trasladando as imaxes e sons a súas propias historias. Durante o obradoiro, realizarán unha peza audiovisual conxunta.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt