El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O escenario do FIOT acolle a Fran Perea e Nuria Espert

Presentarán mañá e o domingo as obras 'El ciclista utópico' e 'Incendios' // Os nenos gozarán coa 'Noite branca no teatro'

Nuria Espert, no centro, nun momento da representación de Incendios - FOTO: FIOT
Nuria Espert, no centro, nun momento da representación de Incendios - FOTO: FIOT

JOSÉ M. RAMOS CARBALLO   | 12.10.2017 
A- A+

Esta fin de semana o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) vivirá un dos momentos máis esperados da súa vinte e seis edición, coa chegada a Carballo dos recoñecidos e populares actores Fran Perea e Nuria Espert, que subirán ao escenario para protagonizar as súas novas obras.

Perea porase ás ordes do director Yayo Cáceres para poñer en escena o espectáculo El ciclista utópico, unha produción de Feedgood Teatro, Emilia Yagüe Producciones e Teatro Calderón que se estrea por primeira vez en Galicia. A cita é mañá, día 13 ás 21.00 horas, no Pazo da Cultura.

A Premio Princesa de Asturias, Nuria Espert, encabezará o domingo, ás 20.00 horas, un reparto de luxo, baixo a dirección de Mario Gas, para poñer en escena Incendios. Trátase da estrea en castelán desta obra clave do século XXI, que pertence a un dos máis relevantes dramaturgos contemporáneos, Wajdi Mouawad, e que tamén tivo unha gran repercusión no cine.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt