El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Codeseda Viva recibiu onte o premio San Martiño

O escritor Mario Franco e a funcionaria Carme Pérez foron os outros galardoados

Foto de familia dos premiados e das autoridades presentes na gala - FOTO: Puri Sangiao
Foto de familia dos premiados e das autoridades presentes na gala - FOTO: Puri Sangiao

S.ELVIRA. A ESTRADA  | 15.11.2017 
A- A+

A Asociación Cultural O Brado da Estrada entregou onte os premios San Martiño de Normalización, que este ano chegaron a súa 27 edición. Á entrega dos galardóns, que tivo lugar nun acto celebrado a partir das 20.30 horas no teatro Principal, asistiron, entre outras personalidades, o secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García, e o alcalde de A Estrada, José López Campos.
Os Premios San Martiño de Normalización recoñecen o labor de persoas e entidades que traballan a prol da lingua. Os galardoados este ano foron a Asociación Codeseda Viva, na modalidade de A Estrada e comarca de Tabeirós-Terra de Montes; a funcionaria natural de Tomiño Carme Pérez Vaquero, na categoría de Galicia Enteira, e o escritor Mario Franco Rodríguez, que foi distinguido co premio a toda unha vida en defensa do idioma.