El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O CIM carballés promove unha performance para contribuir a evitar a violencia de xénero

J. M. RAMOS. CARBALLO   | 13.02.2018 
A- A+

O Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo quere rachar con certos mitos do amor romático que están moi arraigados na ideoloxía hexemónica do patriarcado. E dentro da liña de traballo que desenvolve este servizo da Concellería de Igualdade e Benestar, mañá, día 14 a partir das 19.00 horas na Biblioteca Rego da Balsa, poñerase en escena a performance O amor non sempre triunfa. Trátase, segundo os responsables do CIM, dun espectáculo "para deconstruír o amor romántico e previr a violencia de xénero".

O obxectivo da performance é desmitificar cuestións coma "a omnipotencia do amor, o amor incondicional, o amor eterno ou o mito da media laranxa".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt