El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

PONTECESO

O cantautor Luís Vallecido gravou un vídeo no Melga

FOTO: ECG
FOTO: ECG

J. M. R.   | 14.06.2018 
A- A+

O Museo Etnolúdico de Galicia (Melga) converteuse durante máis de seis horas nun plató de televisión para gravar un vídeo da canción Xogos populares do cantautor Luís Vallecido, que cedeu os dereitos comerciais da súa difusión e promoción ao Melga e á Fundación Ricardo Pérez y Verdes. Na gravación participaron tamén cincuenta nenos e nenas, de 8 a 11 anos, do CEIP Eduardo Pondal.