El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Boqueixón terá unha nova senda peonil e ciclista neste verán

Ethel Vázquez supervisou onte o inicio das obras, ás que se destinaron 600.000 euros

Ethel Vázquez nas obras, acompañada do alcalde de Boqueixón e Ovidio Rodeiro - FOTO: Xunta
Ethel Vázquez nas obras, acompañada do alcalde de Boqueixón e Ovidio Rodeiro - FOTO: Xunta

A. PRADA. BOQUEIXÓN   | 15.02.2018 
A- A+

Mellorar a mobilidade dos veciños do Concello de Boqueixón, posibilitando que todos poidan facer os seus desprazamentos habituais a pé ou en bicicleta. Ese é o obxectivo principal da futura senda de case dous quilómetros de lonxitude que unirá o núcleo da Susana e o lugar da Eirexe.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisou onte as obras desta senda que estará finalizada, segundo explicou, este mesmo verán tras un investimento de 600.000 euros. Trátase dun itinerario de uso mixto, peonil e ciclista, na estrada AC-960, que une Boqueixón co municipio pontevedrés de Vila de Cruces. A senda vai executarse en dous treitos: nun primeiro unirá A Susana co polígono industrial de Sergude e continuará despois nun segundo tramo ata o lugar da Eirexe.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt