El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O BNG leva ó Parlamento a tala de árbores autóctonos na parroquia de Callobre

Acusa de pasividade ó Concello de A Estrada e quere que a Igrexa se pronuncie ó respecto

ARCA. A ESTRADA  | 13.02.2018 
A- A+

O BNG da Estrada fixo público un comunicado no que explica que a tala indiscriminada de árbores autóctonas centenarias (carballos e castiñeiros) que se realizou hai poucas semanas na parroquia de Callobre "non pode quedar impune". Os nacionalistas anuncian que "ante a pasividade do Concello, que prefire lavarse as mans", o BNG vai trasladar este asunto ó Parlamento galego a través do deputado Luís Bará.

Bará rexistrou unha batería de iniciativas e preguntas para coñecer os pormenores da tala masiva de árbores ós pés da igrexa de Callobre e "para que os responsábeis paguen por esta tala indiscriminada", din desde o BNG. Segundo explican, o Decreto 50/2014 da Xunta de Galicia di que os propietarios forestais están obrigados a comunicar a tala de árbores no caso de que non haxa aproveitamento comercial e a pedir autorización á administración autonómica no caso de que a madeira sexa para a venda. "Tendo en conta que os terreos son propiedade da Igrexa católica, con esta iniciativa queremos que se aclare publicamente se esta entidade efectuou ou non a comunicación ou tiña a autorización pertinente por parte da Xunta de Galicia", sinala dita formación.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt