El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

LALÍN

O Atlántica recala en Lalín con catro espectáculos

ARCA   | 14.03.2018 
A- A+

A sexta edición do Festival Atlántica de narración oral, grazas á colaboración do Concello de Lalín, achegará catro espectáculos gratuítos en distintos centros da vila. As funcións terán como protagonistas a salmantina Noelia Carioca, o camerunés Boniface Ofogo e ao galego Avelino González. A primeira das funcións será este venres, 16 de marzo, na biblioteca municipal Varela Jácome a partir das 18.00 horas e estará dirixida ao público infantil e familiar. Os Contos e papaventos de Noelia Carioca van tomar vida co apoio de bonecos, obxectos e instrumentos musicais que desfilarán para facer voar alto coma os papaventos grazas á imaxinación. Un espectáculo cheo de animais, poesía e ritmo para rir, soñar e gozar, explican.