El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

As xornadas sobre o viño inclúen unha cata e a visita á adega da Ribeira Sacra

Esta iniciativa arranca o vindeiro mércores, día 22 de marzo, a partir das 20.00 horas cunha primeira conferencia. Baixo o título Influencia da calidade do viño da caste ‘albariño’, según diferentes factores versará a charla da man de Carlos Manuel Blanco Blanco, técnico especialista en viticultura e enoloxía e enólogo rectoral do Umia

M.T.  | 20.03.2017 
A- A+

Vedra. A casa de cultura de San Miguel de Sarandón, na vila de Vedra, celebra a próxima semana as Xornadas técnicas sobre a cultura do viño, con motivo da XXXVII Exaltación do viño da Ulla. Esta iniciativa arranca o vindeiro mércores, día 22 de marzo, a partir das 20.00 horas cunha primeira conferencia. Baixo o título Influencia da calidade do viño da caste ‘albariño’, según diferentes factores versará a charla da man de Carlos Manuel Blanco Blanco, técnico especialista en viticultura e enoloxía e enólogo rectoral do Umia. Xa o xoves tocaralle o turno a Antonio Muñoz González, director técnico de Vinos y bodegas gallegas, que protagonizará a conferencia Valores dos viños galegos no mercado español e no mercado da exportación. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt