El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Ames anima á hostalería local a preparar o 'Caldo de Gloria' do día 23 ó 25

M. M. AMES  | 13.02.2018 
A- A+

Ames, xunto con Brión e Padrón, vanse sumar á actividade denominada Caldo de Gloria con motivo da celebración do Día de Rosalía 2018, unha efeméride que terá lugar o vindeiro 24 de febreiro. Deste xeito, convídase ós establecementos do sector hostaleiro de Ames a que durante os días 23, 24 e 25 de febreiro sirvan cuncas de caldo de tapa, durante as comidas e nas ceas.

Os locais adheridos recibirán un cartel e manteis de papel para utilizar esas datas. O prazo para apuntarse na devandita campaña estará aberto ata o vindeiro luns 19 de febreiro. Asemade, dentro desta iniciativa, o venres 23 servirase caldo galego na rede municipal de comedores.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt