El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Afonso Eanes leva ata Barcala a música e a loita contra a velutina

Lolo Andrade impartiu onte unha charla en Seoane // O día 18, foliada e, o 24, gran cocido

Un momento da conferencia de onte en Seoane sobre a loita contra a velutina - FOTO: M.M.
Un momento da conferencia de onte en Seoane sobre a loita contra a velutina - FOTO: M.M.

M. OUTEIRO A BAÑA   | 14.03.2018 
A- A+

A vella escola de Seoane, na Baña, foi onte marco dunha conferencia da asociación cultural Afonso Eanes sobre a loita contra as nespras asiáticas. Lolo Andrade, experto de Protección Civil, foi quen incidiu sobre a idoneidade desta época para rematar coas raíñas. Do mesmo xeito, a entidade barcalesa ten prevista unha festa folk e foliada para celebrar no instituto de Negreira o San Patricio e San Martiño de Dume o día 18, e un xantar popular en Corneira, xa o vindeiro día 24.

No que atinxe á loita contra a nespra asiática, Andrade falou sobre as características e comportamento desta especie, métodos de trampeo con demostración práctica, defensa de colmeas e medidas de primeiros auxilios. Esta especie, curiosamente, é das menos perigosas e agresivas, e únicamente ataca si alguén se lle da por esnaquizar os seus niños, polo que é fundamental avisar aos servizos públicos especializados para iso.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt